Os contratos no sector do leite son obrigatorios en España dende outubro de 2012. O contrato deberá subscribirse antes de que se realice a subministración do leite cru.
Todos os elementos do contrato deberán libremente ser negociados polas partes e coñecidos con anterioridade á firma. Os contratos nos que participe como subministrador un produtor, terán unha duración mínima dun ano.
Para iso, o receptor do leite deberá realizar unha oferta de contrato por escrito cunha duración mínima dun ano. A oferta deberá presentarse polo menos dous meses antes da finalización do contrato en vigor e en caso de tratarse dunha nova relación contractual, polo menos dous meses antes do inicio das entregas de leite.
A oferta deberá ser identificada como tal e incluír todos os datos incluídos no anexo III, así como a data de presentación. Deberán realizarse dúas copias da oferta, que deberán ser asinadas e conservadas por ambas as dúas partes, polo menos, durante un período de dous anos tras a súa presentación. Non obstante, o produtor poderá rexeitar esa duración mínima en supostos debidamente xustificados e notificados polo produtor á autoridade competente da comunidade autónoma onde radique a súa explotación á maior brevidade posible. Esta comunicación irá acompañada dunha copia da oferta inicial de contrato dun ano presentada polo receptor.
En caso de que o prezo establecido no contrato sexa variable e se calcule combinando varios factores establecidos neste, os parámetros aos que sexa referenciado o prezo serán obxectivos, verificables, non manipulables e procederán de fontes públicas e accesibles polas partes, que deberán ser tamén especificadas no contrato.
Non poderán aplicarse bonificacións ou depreciacións sobre o prezo que non estean reflectidas no contrato.
Non se permite a existencia de contratos simultáneos entre un mesmo subministrador e un mesmo receptor.
Datos mínimos do contrato:
1. Identificación das partes.
2. Obxecto do contrato.
3. Prezo que se pagará pola subministración, que poderá ser:
En todos os casos os prezos poderán incluír ademais un axuste en función de primas dependentes de factores como: o volume subministrado, a calidade físico-química ou hixiénico-sanitaria, ou outros parámetros.
4. Volume en litros que debe ser subministrado: incluirase a marxe de tolerancia en porcentaxe, que non poderá ser superior ao 10%.
5. Calendario de subministracións. Deberá indicarse, polo menos a frecuencia de subministración ou recollida do leite, podendo referirse por exemplo ao prazo máximo (días) post muxidura.
6. Duración do contrato. Deberá especificarse a duración, que no caso dos contratos asinados entre un produtor e un receptor, deberá ser como mínimo dun ano, sen prexuízo do da capacidade do gandeiro á renuncia. Admitirase un contrato de duración indefinida con cláusula de rescisión.
7. Condicións para a renovación, a modificación e a prórroga, se é o caso.
8. Condicións de pagamento: prazos e procedementos:
Prazo: Debe indicarse o prazo máximo para o pagamento e os intereses aplicables en caso de demora.
Procedemento: debe indicarse a forma de pagamento: transferencia, cheque, e a data na que terá lugar (por exemplo, "antes do día...... de cada mes").
9. Modalidades de recollida ou subministración.
Segundo onde teña lugar o cambio de propiedade do leite:
10. Regras aplicables en caso de forza maior. Indicaranse os casos de forza maior e as regras que se aplicarán neste caso.
11. Dereitos e obrigas das partes contratantes.
12. Causas, formalización e efectos da extinción.
Informe de situación da implantación do contratos obrigatorios.