ACONSELLAMENTO
ASELAGA é unha entidade inscrita no Rexistro de entidades con servizos de aconsellamento ou xestión de Galicia (RESAXEGA).
ASELAGA presta servizo de aconsellamento ás explotacións que se acollan ás axudas de agroambiente e clima do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia para o período 2015-2020.
As explotacións de vacún de leite poden solicitar a axuda de extensificación de vacún de leite cuxas condicións son:
Beneficiarios:
- Agricultores (persoas físicas ou xurídicas) titulares dunha explotación inscrita no correspondente rexistro (REGA)
- Que reúnan a condición de “agricultor activo”
- Que se comprometan voluntariamente durante 5 anos.
Condicións de elixibilidade:
- Recibir un servizo de aconsellamento específico dunha entidade de aconsellamento autorizada (inscrita no RESAXEGA)
- Non aplicar lodos de depuradora na integridade da superficie da explotación.
Compromisos:
- Dispoñer dun mínimo de 10 Ha de superficie indemnizable (a superficie forraxeira situada no concello da explotación ou limítrofes de Galicia e que sexa obxecto destes compromisos, non computando as superficies de pastos arbustivos (PR) ou arborados (PA), as superficies de uso en común nin as superficies de interese ecolóxico.
- Manter unha carga gandeira maior de 0,7 UGM/ Ha e menor de 2 UGM/ Ha.
- Manter a superficie comprometida durante os anos que dure o compromiso. Porén, o número de hectáreas poderá reducirse como máximo nun 10% da superficie suxeita ao mesmo ao inicio do compromiso, sempre e cando non se vexa comprometida o logro do mesmo.
- Os compromisos contraeranse por un período de 5 anos e aplicaranse a nivel de superficie non sobre parcelas fixas e durante este período non será posible ampliar a superficie indemnizable inicialmente comprometida.
- Non implantar cultivos nas superficies con pendentes > 10%, agás cando se trate de establecer pasteiros ou rexenerar pasto.
- As UGM que corresponden ós animais de > 12 meses de vacún de leite serán polo menos o 70% do total das UGM da explotación.
- Superficie de millo e outros cultivos forraxeiros distintos de prados menores de 5 anos será ≤ 25% da superficie forraxeira da explotación, excluíndo os Pastos arbustivos (PR) e os pastos con arboredo (PA).
- O pastoreo ocupará > 50% da superficie de prados (temporais e permanentes).
- Manter actualizado un caderno de explotación co rexistro das actuacións de pastoreo. (Ver modelo) Descargar o arquivo para que non se perda o enlace)
- Presentar unha solicitude anual de pago dentro da Solicitude Única.
Axuda: 170 €/Ha de superficie indemnizable